Heyerdahl, Thor
Heyerdahl, Thor
Etnólogo e antropólogo noruegués. En 1947 dirixiu unha expedición que atravesou o Pacífico nunha balsa para demostrar a posible orixe americana da cultura polinesia. Entre 1954 e 1956 realizou diversas expedicións arqueolóxicas ao arquipélago de Galápagos e á illa de Pascua, no L do Pacífico. En 1970 embarcouse nunha nave de papiro, a Ra II, e cruzou o Atlántico partindo do N de África. Describiu as súas impresións nas obras Kont-Tiki’ Expedisjonen (1948), American Indians in the Pacific (1952), Aku-Aku: Paskeøoyas hemmelighet (1957) e The Tigris Expedition (1979).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Larvik, Vestfold -
Deceso