hidroideo -a

hidroideo -a
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos hidroideos.

  2. s m [ANIMAL]

    Cnidario da orde dos hidroideos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de cnidarios da clase dos hidrozoos xeralmente coloniais e con alternancia de xeracións entre pólipos e medusas no seu ciclo biolóxico (a hidra é unha excepción). As colonias, a miúdo moi ramificadas, son frecuentes en todos os mares. Tamén hai especies de auga doce.