hidrolacolito

hidrolacolito
s m [XEOG]

Outeiro de orixe periglacial de poucos metros de altura e forma circular. Orixínase ao entrar en contacto auga subterránea de caudal feble cun solo xeado. A auga conxélase e forma unha cúpula de xeo que provoca o alzamento dunha capa do terreo superficial.