hidróxeno

hidróxeno

(

  1. [QUÍM]
    1. s m

      Primeiro elemento da táboa periódica, que é o máis simple cun só protón no núcleo e un electrón no nivel de enerxía 1s (que non pode conter máis de dous). Isto explica que os átomos de hidróxeno alcancen un estado de enerxía menos elevado e que se emparellen para formar moléculas de hidróxeno. O elemento natural é unha mestura de tres nucleidos: 1 ou protio (99,98%), 2 ou deuterio (0,02%) e 3 ou tricio

    2. bromuro de hidróxeno [HBr]

      Composto formado pola combinación de bromo e de hidróxeno. Emprégase en solución acuosa, denominada ácido bromhídrico.

    3. cianuro de hidróxeno [HCN]

      Composto formado pola combinación de carbono, nitróxeno e hidróxeno. Emprégase xeralmente en solución acuosa, denominado ácido cianhídrico.

    4. cloruro de hidróxeno [HCI]

      Composto gasoso formado pola combinación de cloro e de hidróxeno. Emprégase case sempre en forma de solución acuosa, denominada ácido clorhídrico, a que reacciona cos metais, os hidróxidos e os carbonatos para producir cloruros. Obtense o cloruro de hidróxeno no laboratorio mediante a reacción NaCl+ H 2 SO 4 D NaHSO 4 + HC, e a escala industrial nunha segunda fase NaCl + NaHSO 4 


      FORMULA


      800°C
      ­ ---→ Na 2 SO 4 + HC. Outro método é a combinación do cloro co hidróxeno: H 2 + Cl 2 D 2HCl + 22 kcal. Un terceiro método industrial fundaméntase na reacción sobre carbón a 350°C en presenza dun catalizador de ferro. O cloruro de hidróxeno emprégase moito na industria.

    5. fluoruro de hidróxeno [HF]

      Composto formado pola combinación de fluor e de hidróxeno. Emprégase xeralmente en solución acuosa, denominada ácido fluorhídrico.

    6. ioduro de hidróxeno [HI]

      Composto formado pola combinación de iodo e de hidróxeno. Emprégase xeralmente en solución acuosa, denominada ácido iodhídrico.

    7. peróxido de hidróxeno

      auga osixenada.

    8. sulfuro de hidróxeno [H 2 S]

      Composto formado pola combinación do xofre co hidróxeno. Emprégase xeralmente en solución acuosa, denominada ácido sulfhídrico.

  2. electrodo de hidróxeno [FÍS]

    Electrodo de platino entorno ao que burbulla hidróxeno. Utilízase como electrodo de referencia e ten potencial cero. Encóntrase nunha solución de ións hidróxeno saturada de hidróxeno gasoso.

  3. enlace hidróxeno [QUÍM]

    Enlace de enerxía débil, de natureza fundamentalmente electroestática que se produce entre un átomo de hidróxeno e un elemento electronegativo, como F, O, N ou outros. O enlace hidróxeno denomínase intermolecular cando se establece entre dous átomos dunha mesma molécula.