hidroxenación
(< hidroxenar)
-
s
f
[ALIM]
Tratamento químico aplicado en graxas naturais destinadas á elaboración de alimentos. Consiste nunha saturación de dobres enlaces dos ácidos graxos por hidroxenación catalítica con níquel, seguida de refinación e eliminación do catalizador. Mellora as características sensoriais e a estabilidade das graxas moi insaturadas. Denomínase tamén endurecemento.
-
s
f
[QUÍM]
Reacción que se produce entre o hidróxeno molecular e un composto orgánico en presenza dun catalizador. Pódense diferenciar dous tipos: a de adición ou de saturación, na que o hidróxeno se engade a un dobre ou tripla enlace sen rompelo, e a destrutiva ou hidroxenolise. A hidroxenación catalítica é a produción de combustibles líquidos por hidroxenolise do carbono. Ten aplicación na obtención de alcohol metílico e margarinas.