hidroxenación

hidroxenación

(< hidroxenar)

  1. s f [ALIM]

    Tratamento químico aplicado en graxas naturais destinadas á elaboración de alimentos. Consiste nunha saturación de dobres enlaces dos ácidos graxos por hidroxenación catalítica con níquel, seguida de refinación e eliminación do catalizador. Mellora as características sensoriais e a estabilidade das graxas moi insaturadas. Denomínase tamén endurecemento.

  2. s f [QUÍM]

    Reacción que se produce entre o hidróxeno molecular e un composto orgánico en presenza dun catalizador. Pódense diferenciar dous tipos: a de adición ou de saturación, na que o hidróxeno se engade a un dobre ou tripla enlace sen rompelo, e a destrutiva ou hidroxenolise. A hidroxenación catalítica é a produción de combustibles líquidos por hidroxenolise do carbono. Ten aplicación na obtención de alcohol metílico e margarinas.

Palabras veciñas

hidroxel | hidroxen- | hidroxenabilidade | hidroxenación | hidroxenado -da | hidroxenar | hidróxeno