Hierro, El
Hierro, El
Illa da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, a máis occidental do arquipélago canario (224 km2; 8.682 h [2001]). A súa capital é Valverde. Formación volcánica, o seu relevo resólvese en conos volcánicos e coladas de lava. Culmina no cumio do Malpaso, a 1.051 m de altitude. A economía tradicional baseábase no gando caprino e os cultivos de secaño, que proporcionaban viños e queixos moi apreciados no mercado interior do arquipélago. O turismo desenvolveuse intensamente na década de 1990, cunha oferta máis elitista que a das illas maiores, convertidos dende décadas anteriores en centros de afluencia masiva de turistas europeos.