Higuera de Vargas

Higuera de Vargas

Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, drenado polo río Alcarrache, afluente do Guadiana (2.118 h [2001]). A súa economía baséase nas actividades agropecuarias, especialmente no cultivo da oliveira e na gandería ovina e porcina.