Hilario de Poitiers, santo
Hilario de Poitiers, santo
Bispo de Poitiers (350?-367?). Defendeu o catolicismo fronte aos arianos nos concilios de Nicea (325) e Seleucia (359). Desterrado polo sínodo ariano de Besiers a Frixia (356-360), trala súa volta á Galia convocou o Concilio de París contra o arianismo. Escritor polemista, eséxeta e poeta, redactou os tratados De trinitate e De mysteriis. A Lenda dourada atribúelle moitos milagres. Na iconografía viste de pontifical, con casula ancha e sagrado palio, mitra e báculo; e leva como atributos unha pluma e un libro ou aparece xunto a un neno ou cunha serpe enrolada na parte inferior dun báculo. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Poitiers