Hildesheim
Hildesheim
Cidade do land da Baixa Saxonia, Alemaña (105.291 h [1990]). O bispado da cidade, fundado en 815 por Ludovico Pío, tivo a súa época de esplendor no s XIII, pero decaeu posteriormente e secularizouse en 1802. A cidade pertenceu sucesivamente a Prusia, ao Reino de Westfalia, ao de Hannover e novamente a Prusia. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de St. Michael (1010-1033) e St. Marien (872), declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1989), e o Knochenhaueramtshaus (1529).