Himanthalia

Himanthalia
[PROTISTA]

Xénero de algas pardas da familia das himantaliáceas. Na costa galega atópase a especie H. elongata, que se caracteriza por presentar discos basais que lle permiten fixarse ao substrato, frondes longas amodo de cintas e con ramificación dicótoma. É de cor verde olivácea e pode alcanzar os 2 m de lonxitude. Atópase sobre substratos rochosos na zona do infralitoral.

Palabras veciñas

Himachal Pradesh | Himalaia | Himalchuli | Himanthalia | Himantoglossum | Himantopus | hime