Hío, Santo André do

Hío, Santo André do

Igrexa parroquial situada en Cangas. Construída en estilo románico a finais do s XII, ten unha soa nave. Cóbrese con bóveda de canón. No interior destaca o retablo cunha representación do inferno. A portada é románica, ten dúas arquivoltas apoiadas en dous pares de columnas, e o tímpano presenta decoración escultórica rudamente tallada. A espadana é de dous vans semicirculares e está coroada por un frontón triangular en que se abre outro pequeno van. No adro atópase o cruceiro, obra de Xosé Cerviño García.