Hispano, Gonzalo
Hispano, Gonzalo
Teólogo. Ingresou no convento de San Francisco de Santiago de Compostela. Obtivo o grao de bacharel en París en 1287. Catedrático de Teoloxía en 1302, foi profesor de John Duns Escoto. En 1304 foi elixido polo Capítulo Xeral da orde franciscana. Durante o seu xeneralato tivo que enfrontarse ás controversias internas da orde, especialmente á dos espirituais. No Capítulo Xeral de 1307 aprobouse a declaración da regra escrita por el para a orde franciscana. Escribiu Quaestiones disputae et Quodlibet, publicada en 1935.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lugo -
Deceso
Lugar : París