Hispano-norteamericana, Guerra
Hispano-norteamericana, Guerra
Conflito bélico entre EE UU e España (abril-agosto 1898). EE UU estaba interesado en dominar as rutas comerciais do Caribe e aproveitou a oportunidade da Guerra de Independencia Cubana contra España para intervir nela. O conflito iniciouse coa voadura do acoirazado Maine, que EE UU imputou a España, e polo que declararon a guerra o 25 de abril. A flota española foi aniquilada no conflito e, polo Tratado de París, España aceptou a entrega a EE UU das posesións das Antillas, Filipinas e a illa de Guam. A derrota representou para os españois un desastre moral que evidenciou a crise dun sistema político.