historicismo

historicismo

(

  1. s m [FILOS]

    Doutrina filosófica que se caracteriza por reducir a realidade humana á súa condición histórica. No s XX a corrente historicista foi configurada por E. Troeltsch e K. Mannheim, aínda que os seus antecedentes están en autores como G. Vico, A. Comte, L. von Ranke, K. Marx e W. Dilthey.

  2. s m [ARQUIT]

    Estilo arquitectónico que se desenvolveu no s XIX. Relacionado co eclecticismo, caracterizouse pola recuperación de formas arquitectónicas do pasado tanto de xeito illado como simultáneo, pero sen dominar ningunha sobre outra. Construíronse edificios con características das arquitecturas grega, gótica, renacentista e barroca, principalmente.

Palabras veciñas

historial | historiar | historicidade | historicismo | historicista | histórico -ca | historieta