histórico -ca
histórico -ca
(< lat historĭcu)
-
adx
Relativo ou pertencente á historia.
-
adx
Que é famoso na historia ou que ten grande importancia ou transcendencia.
Ex: Foi unha xornada histórica e unha decisión histórica.
-
adx
Que existiu ou sucedeu realmente.
Ex: O Cid é un personaxe histórico.
-
adx
Aplícase a aquilo, especialmente a unha obra literaria, que está baseado en feitos que sucederon no pasado.
Ex: Escribiu unha novela histórica.