hixienismo

hixienismo

(

  1. s m [SOCIOL/MED]

    Corrente de pensamento desenvolvida no s XIX, dirixida xeralmente por médicos, que denunciaba a falta de salubridade e de hixiene nas cidades industriais con relación ás altas taxas medias de mortalidade e ás epidemias (cólera, tifo, paludismo), que frecuentemente a asolaban. Manifestouse principalmente en Inglaterra, onde se plasmou en obras como Report on the Sanitary Conditions of the Labouring Population (1842), de E. Chadwick, que contribuíu á aprobación en 1848 da primeira Public Health Act. En Francia publicáronse obras como Tableau de l’état physique et morale des ouvrières (1840), de L. R. Villarmé.

  2. s m [MED]

    Corrente médico-filosófica que propón a realización das denominadas dietas disociadas.