Hjelmslev, Louis Trolle

Hjelmslev, Louis Trolle

Lingüista. Catedrático de lingüística comparada na Universidade de Copenhaguen. Con Viggo Brøndal fundou o Círculo Lingüístico de Copenhaguen (1931), e a través del e da revista Acta Linguistica, influíu sobre o desenvolvemento da lingüística contemporánea. Esforzouse por establecer unha teoría lingüística dedutiva, a glosemática, segundo un modelo matemático. Escribiu Omkring Sprogteoriens grundlaeggelse (Sobre os fundamentos da teoría da linguaxe, 1943) e Prolegomena to a Theory of Language (1953).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Copenhaguen

  • Deceso