Hobbes, Thomas

Hobbes, Thomas

Filósofo inglés. Formado na University of Oxford, na súa filosofía combinou o método indutivo co dedutivo-matemático desde unha concepción xeral materialista. Considerou que a materia e o movemento son as únicas realidades constatables polos sentidos e desenvolveu o psiquismo da sensación como un puro movemento cerebral. Declarouse nominalista e concibiu a ciencia como unha síntese de elementos convencionais e de elementos empíricos. Das súas obras destacan De corpore (1665), De homine (1657), De Cive (1642) e Leviathan (1651).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Westport

  • Deceso

    Lugar : Hardwick Hall