Hobsbawm, Eric John
Hobsbawm, Eric John
Historiador exipcio. Naturalizado británico, converteuse nun dos maiores expoñentes da aplicación do marxismo á historiografía. Estudiou os movementos sociais e, sobre todo, as revolucións burguesa e industrial, que analizou nas súas publicacións Age of Revolution, 1789-1848 (1969), Age of Capital, 1848-1875 (1975) e Age of Empire, 1875-1914 (1987). Tamén publicou Nations and Nationalism since 1780 (1990) e Age of extremes: The short twentieth century, 1914-1991 (1995).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Alexandría