Hoffmannsthal, Hugo von

Hoffmannsthal, Hugo von

Poeta e autor dramático. Vinculado aos círculos artísticos de Viena e defensor da dimensión estética da creación artística, na súa obra déixase sentir a influencia de Nietzsche ou Wagner, pero tamén a de Strauss, músico co que colaborou en proxectos como O cabaleiro da Rosa, Ariadna en Nasos ou A muller sen sombra, e destacou como un grande autor de libretos. Na súa produción atopamos traxedias clásicas como Electra (1901), Edipo e a esfinxe (1902) ou Edipo rei (1903) e adaptacións de clásicos universais como A Torre, inspirada no drama barroco e en Calderón de la Barca, coa que obtivo un éxito notable en 1925. Fascinado polas teorías de Freud, tamén escribiu textos cunha visión máis decadente e simbolista, en ocasións próxima a un misticismo romántico, das que destacan Der Tod des Tizian (A morte de Tiziano, 1892), Der Tor und der Tod (O tolo e a morte, 1893), Die Fran in Fenster (A muller na fiestra, 1897) e Der Abenteurer und die Sängerin (O aventureiro e a cantante, 1899). Foi un dos creadores e promotores do Festival de Salzburgo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Viena

  • Deceso

    Lugar : Rodaun