Hohenstaufen ou Staufen

Hohenstaufen ou Staufen

Dinastía que ocupou o trono do Sacro Imperio Romano-Xermánico (1138-1208 e 1212 -1254), de Xermania e de Sicilia. O seu fundador foi Federico de Hohenstaufen (?-1105), a quen o Emperador Enrique IV lle concedeu o Ducado de Suabia, polo que pasou a ser coñecido como Federico I de Suabia . Dos seus membros destacaron Conrado III de Xermania (1093-1152); o Emperador Federico I Barbarrubia (1123?-1190); Enrique VI (1165-1197), emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico e rei de Italia e Alemaña; e Federico II (1194-1250), emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e rei de Sicilia, Nápoles e Xerusalén.