Hoja Social Agropecuaria
Hoja Social Agropecuaria
[PUBLIC]
Periódico editado en Lugo a partir do 31 de xullo de 1921. Cesou a súa edición o 18 de abril de 1922. Subtitulada “Órgano de la FCA de Lugo, dirigida y redactada por esta entidad”, incluía información sindical, directivas e cuestións relacionadas coas actividades agropecuarias. Editábase e saía conxuntamente co periódico La Voz de la Verdad. Foi substituída polo boletín Lugo Agrario.