Homo
-
[ANTROP/FISIO]
Xénero de primates antropoides que pertence á familia dos homínidos que inclúe o home actual e as formas fósiles. Este xénero reune unhas características típicas, como a capacidade cranial (xeralmente superior aos 750 cm 3 ), a dentición (redución do aparello mastigador) e a postura bípeda erecta. Son moitos os problemas para sinalar uns criterios que marquen o límite inferior do xénero Homo nas formas fósiles, sobre todo a causa da variedade de restos atopados e do carácter fragmentario dos mesmos.
-
Homo antecessor
[ANTROP/FISIO]
-
Homo erectus
[ANTROP/FISIO]
Especie fósil da familia dos homínidos que existiu entre 1.800.000 e 300.000 anos, que se caracteriza por posuír unha lixeira crista saxital, uns arcos superciliares moi marcados, grande espesor dos ósos, cabeza plana, mandíbulas robustas, maxilares saíntes con grandes molares, sen queixo, esqueleto máis robusto ca o do home actual, e unha capacidade cranial de entre 800-1.000 cc (formas de Xava) e 1.075 cc (formas de China). A súa filoxenia é discutida, xa que hai quen os considera de orixe asiática derivada de H. ergaster e un punto morto na escala evolutiva que conduce a H. sapiens, e outros autores consideran que si sería un antecesor evolutivo desta última especie, e a súa orixe sería africana, a partir de H. habilis, e que posteriormente se dispersaría por Asia.
-
Homo habilis
[ANTROP/FISIO]
Especie fósil da familia dos homínidos que existiu entre 2,4 e 1,5 millóns de anos e que se caracteriza por posuír unha capacidade cranial intermedia entre o Australopithecus e o H. erectus, incisivos maiores ca as especies anteriores, pero con caninos similares ao H. erectus e os ósos das mans e dos pés similares ao H. sapiens pero cunha maior curvatura das falanxes das mans. A súa aparición sería durante a glaciación Donau, e estaría asociada a unha industria lítica. A súa categoría taxonómica non é clara; uns investigadores consideran que H. habilis sería unha especie única, de gran variedade morfolóxica; e outros autores, consideran o H. habilis, “ sensu lato”, como unha categoría baixo a cal se incluirían tres especies: H. rudolfensis, con capacidade cranial de 750 cc, e antigüidade aproximada de 2,4 millons de anos; H. habilis “sensu stricto”, con capacidade cranial de 500-600 cc e antigüidade de 1,9 millóns de anos; e H. ergaster, de 850 cc de capacidade cranial, e antigüidade dos primeiros representantes de 1,8 millóns de anos. Foi denominado así pola existencia de ferramentas probablemente asociadas aos seus restos.
- Homo heidelbergensis [ANTROP/FISIO]
-
Homo neanderthalensis
[ANTROP/FISIO]
Especie fósil da familia dos homínidos asociada á industria lítica musteriense. Aparece pouco despois da glaciación Würm, hai aproximadamente 80.000 anos e persistiu ata hai 35.000 anos. Ten unha capacidade cranial elevada (1.530 cc, maior ca a do home moderno), gran espesor dos ósos craneais, cabeza aplanada, arcos supraorbitarios ben marcados, fronte inclinada, rostro con certo prognatismo, abertura nasal grande, mandíbula sen queixo, e a estatura media acércase ao 1,62 metros. Debido á súa morfoloxía, hai autores que o consideran como unha especie diferente de H. sapiens e polo tanto unha rama truncada, e outros unha subespecie da anterior e precursores dos sapiens europeos. A súa área de dispersión é Europa, próximo Oriente, zonas do SL de Asia e o Norte de África.
-
[ANTROP/FISIO]
-
Especie de homínido á que pertence a subespecie do home actual.
-
Homo sapiens fossilis
Subespecie fósil da familia dos homínidos que aparecen entre os períodos Würm II-III, e que viviu entre os 40.000 e os 10.000 anos. Os seus restos aparecen en Europa, Asia, África e Oceanía. Tamén se coñece como home de Cro-Magnon, en honor ao lugar onde se atoparon os primeiros restos (Francia), en 1868. De tipoloxía similar ao home actual (teñen cabeza alta e queixo), posúen características que o separan do mesmo, como son as órbitas rectangulares e baixas, unha abertura nasal estreita e estatura superior ao 1,70 m. Tamen teñen unha capacidade cranial de aproximadamente 1.350 cc, meixelas prominentes e esqueleto grácil. Presentan certa variabilidade morfolóxica segundo as zonas; caracterízanse, polo tanto, distintos tipos que levan, en xeral, o nome do lugar onde se atoparon, como por exemplo o tipo de Mechta-Afalou, o tipo Ain-Meterchen ou o tipo de Asselar, todos eles do Norte de África. Parece que o fenómeno de diversificación racial é un proceso relativamente recente, que non se remonta máis alá do Paleolítico Superior. Tamen existen certas diferencias entre os fossilis máis antigos e os máis recentes.
-
Homo sapiens sapiens
Subespecie da familia dos homínidos que corresponde ao home actual. Está distribuído por todos os continentes, polo que a súa variedade morfolóxica é bastante ampla, diferenciándose catro tipos principais: mongoloides, australoides, caucasoides e negroides. As características básicas que diferencian ao home dos pónxidos son a encefalización e o bipedismo, este último vese favorecido porque a articulación da cabeza está sensiblemente centrada, a columna vertebral ten dobre curvatura acusada, o eixe de gravidade está próximo ao punto de apoio, e o 68% do peso corporal está por riba da cintura pélvica (nos pónxidos é dun 82%). Respecto ao resto das especies do xénero Homo, o home actual diferénciase por ser de constitución máis grácil, menor espesor dos ósos, ausencia de crista saxital e torus supraorbitario, dentición con caninos pouco desenvolvidos, presenza de queixo e cabeza alta. É a única especie vivente do xénero na actualidade.
-