homoxéneo -a

homoxéneo -a

(< homogenĕu < gr ὁμογενής)

  1. adx
    1. Que está formado por elementos da mesma natureza ou moi semellantes.

    2. Que presenta os seus elementos ben mesturados, integrados ou repartidos uniformemente.

      Ex: Mesturar os ingredientes ata conseguir unha pasta homoxénea.

  2. adx

    Que é da mesma natureza. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

  3. adx

    Que non presenta cambios bruscos nin importantes.

    Ex: O terreo ten unha superficie homoxénea.

    Sinónimos: igual, uniforme.
  4. adx [FÍS]

    Aplícase á formula na cal as dimensión dos dous membros son iguais (análise dimensional).

  5. adx [MAT]
    1. Aplícase ao polinomio que ten todos os termos do mesmo grao, como por exemplo 3x 2 y + 2xy 2 + y 2.

    2. Aplícase ao sistema de ecuacións lineais onde todos os termos independentes son nulos.

    3. Aplícase á ecuación diferencial ordinaria da forma P(x,y)dx + Q(x,y)dy = 0, onde P e Q son funcións homoxéneas do mesmo grao.

    4. Aplícase á funcion f(x,y) tal que f(tx,ty) = tnf(x,y), onde n é un numero real denominado grao de homoxeneidade.

    5. Aplícase á ecuación diferencial lineal onde o segundo membro é cero, como por exemplo an y (n +...+ a1 y (1 + a0 y = 0.

Palabras veciñas

homoxeneización | homoxeneizador -ra | homoxeneizar | homoxéneo -a | homoxénese | homoxenia | homóxilo