igual
(
-
adx
Que ten a mesma natureza ou características.
Ex: Ten un traxe igual ó dela.
Antónimos: diferente. -
adx
Aplícase a unha superficie que non ten desniveis.
Ex: Puxeron o chan igual antes de colocar a baldosa.
-
adx
Que ten a mesma proporción.
Ex: As forzas dos combatentes eran iguais.
Antónimos: diferente. Confrontacións: semellante. -
adx
Que é uniforme e constante no espazo e no tempo.
Ex: Ten unha temperatura igual en toda a casa. A velocidade era igual en todo o traxecto.
-
adx
Que é moi semellante.
Ex: É igual ós seus avós.
Antónimos: diferente. -
adx
[MAT]
Aplícase ás figuras xeométricas entre as que se pode establecer unha transformación de igualdade.
-
adx
[MAT]
Aplícase aos conxuntos formados polos mesmos elementos.
-
adx
[MAT]
Aplícase aos elementos dun conxunto entre os que se pode establecer unha igualdade.
-
s
Persoa ou cousa que ten a mesma clase ou categoría ca outra.
Ex: Considéraoo o seu igual. Non ten igual no mundo.
-
s
m
Nome do signo de igualdade (=).
-
adv
Da mesma maneira.
Ex: Faino igual ca el.
-
adv
Ó mellor.
Ex: Igual vou ó teatro esta tarde.
Frases feitas
-
Dar igual/Ser igual. Ser indiferente ou indistinta unha cousa ou outra.
-
Por igual loc adv Da mesma forma.