igual

igual

(

  1. adx

    Que ten a mesma natureza ou características.

    Ex: Ten un traxe igual ó dela.

    Antónimos: diferente.
  2. adx

    Aplícase a unha superficie que non ten desniveis.

    Ex: Puxeron o chan igual antes de colocar a baldosa.

  3. adx

    Que ten a mesma proporción.

    Ex: As forzas dos combatentes eran iguais.

    Antónimos: diferente. Confrontacións: semellante.
  4. adx

    Que é uniforme e constante no espazo e no tempo.

    Ex: Ten unha temperatura igual en toda a casa. A velocidade era igual en todo o traxecto.

  5. adx

    Que é moi semellante.

    Ex: É igual ós seus avós.

    Antónimos: diferente.
  6. adx [MAT]

    Aplícase ás figuras xeométricas entre as que se pode establecer unha transformación de igualdade.

  7. adx [MAT]

    Aplícase aos conxuntos formados polos mesmos elementos.

  8. adx [MAT]

    Aplícase aos elementos dun conxunto entre os que se pode establecer unha igualdade.

  9. s

    Persoa ou cousa que ten a mesma clase ou categoría ca outra.

    Ex: Considéraoo o seu igual. Non ten igual no mundo.

  10. s m

    Nome do signo de igualdade (=).

  11. adv

    Da mesma maneira.

    Ex: Faino igual ca el.

  12. adv

    Ó mellor.

    Ex: Igual vou ó teatro esta tarde.

Frases feitas

  • Dar igual/Ser igual. Ser indiferente ou indistinta unha cousa ou outra.

  • Por igual loc adv Da mesma forma.

Palabras veciñas

igrexario | Iguaçú | iguada | igual | igualable | igualación | Igualada