Hondarribia

Hondarribia

Municipio situado na provincia de Gipuzkoa, Euskadi, na desembocadura do río Bidasoa (15.044 h [2001]). Coñecido antigamente co nome castelán de Fuenterrabía, do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Nuestra Señora del Manzano, declarada Ben de Interese Cultural en 1984, o núcleo da zona histórica, declarado BIC en 1963, e as antigas murallas, declaradas BIC en 1921.