Honorato de Arles, santo
Honorato de Arles, santo
Bispo de Arles (426). De liñaxe galorromana, peregrinou a Grecia e coñeceu a vida dos monxes orientais. Ao volver, fíxose eremita na costa occitana do Estérel, e despois na illa de Lérins (futura illa de santo Honorato). Arredor del foise xuntando un grupo, co que creou a primeira comunidade monástica da Galia e un gran centro cultural. Na iconografía leva vestiduras episcopais, con casula ancha ou capa e mitra sobre a cabeza. A súa festividade celébrase o 16 de xaneiro.