Honshū

Honshū

Illa de Xapón, a máis grande e poboada do arquipélago (231.090 km2; 102.324.971 h [2000]). De orixe volcánica, sitúase entre o Océano Pacífico, ao L, e o mar de Xapón, ao O. O seu relevo é moi montañoso e resólvese nunha serie de volcáns activos que provocan unha intensa actividade sísmica. No centro da illa, cara ao SL, localízase a principal rexión urbana de Xapón, coas aglomeracións de Toquio (capital do país), Yokohama e Kawasaki. No O xorde outra graden área urbana, a de Osaka, Kyoto e Kōbe.