horizontal

horizontal

(< horizonte)

  1. adx e s f

    Que está paralelo ao horizonte ou que é perpendicular a un punto.

    Ex: Imprimiu a páxina en posición horizontal. Trazou unha recta horizontal. O poste formaba un ángulo de 45° coa horizontal do chan.

    Antónimos: vertical.
  2. adx [DEP]

    Aplícase á posición adoptada en ximnasia artística que consiste na elevación dunha perna e a inclinación simultánea do tronco en sentido contrario, mentres a outra perna sostén o corpo rixidamente sobre a terra.

  3. distancia horizontal [MAT]

    Proxección da distancia real entre dous puntos sobre un plano horizontal.

Palabras veciñas

Horemheb | Horenbault, Gerrit | Horentur | horizontal | horizontalidade | horizonte | Horizonte, El