horizontal
horizontal
(< horizonte)
-
adx e s
f
Que está paralelo ao horizonte ou que é perpendicular a un punto.
Ex: Imprimiu a páxina en posición horizontal. Trazou unha recta horizontal. O poste formaba un ángulo de 45° coa horizontal do chan.
Antónimos: vertical. -
adx
[DEP]
Aplícase á posición adoptada en ximnasia artística que consiste na elevación dunha perna e a inclinación simultánea do tronco en sentido contrario, mentres a outra perna sostén o corpo rixidamente sobre a terra.
-
distancia horizontal
[MAT]
Proxección da distancia real entre dous puntos sobre un plano horizontal.