vertical

vertical

(< lat verticāle)

    1. adx e s f [MAT]

      Que é perpendicular ao plano da horizontal.

    2. vertical astronómica [ASTRON]

      Recta imaxinaria que une o punto da esfera celeste que está sobre o observador, denominado cénit, e o punto oposto da esfera celeste, denominado nadir. OBS: Tamén se denomina vertical do observador.

    3. vertical dun astro [ASTRON]

      Círculo imaxinario da esfera celeste que pasa polo cénit, o nadir e o centro do astro considerado. Sobre este círculo mídese a altura do astro. OBS: Tamén se denomina círculo vertical.

  1. adx e s f

    Aplícase a calquera cousa que na súa dimensión principal está colocada en posición ergueita.

  2. adx

    Que segue unha disposición ou unha organización xerarquizada.

Palabras veciñas

verter | Vertesszöllös | vertex* | vertical | verticalidade | verticalismo | vértice