verter

verter

(< lat vertĕre)

  1. v t

    Botar un líquido ou unha substancia dun recipiente para outro.

    Ex: Verte o azucre nesta cunca.

  2. v t

    Provocar de xeito involuntario que caia ou saia o contido dun recipiente.

    Ex: Tropecei coa xerra e vertín o viño.

    Sinónimos: derramar.
  3. v t

    Perder o seu contido un recipiente que está roto ou que ten algunha imperfección.

    Ex: O caldeiro verte a auga. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Non collas esa pota que verte.

    Sinónimos: deitar.
  4. v t

    Desembocar unha corrente de auga noutra, xeralmente de maior tamaño.

    Ex: O Ulla verte o seu caudal na ría de Arousa. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: O Texo verte no Océano Atlántico.

  5. v t

    Facer a tradución dun texto dunha lingua a outra.

    Ex: A colección verte obras inglesas ao galego.

  6. v t

    Expresar unha idea ou opinión sobre un asunto.

    Ex: O xornalista verteu a súa opinión no artigo.

  7. v i

    Correr un líquido cara a un punto determinado como consecuencia da inclinación da superficie sobre a que discorre.

    Ex: O tellado verte cara ao xardín.

  8. v pron

    Botarse por fóra o contido dun recipiente espallándose por unha superficie.

    Ex: O leite verteuse con tanto lume.

Palabras veciñas

vertedoiro | vertedura | vertente | verter | Vertesszöllös | vertex* | vertical
Conxugar
VERBO verter
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
verto
vertes
verte
vertemos
vertedes
verten
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vertía
vertías
vertía
vertiamos
vertiades
vertían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vertín
vertiches
verteu
vertemos
vertestes
verteron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vertera
verteras
vertera
verteramos
verterades
verteran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
verterei
verterás
verterá
verteremos
verteredes
verterán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vertería
verterías
vertería
verteriamos
verteriades
verterían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
verta
vertas
verta
vertamos
vertades
vertan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
vertese
verteses
vertese
vertesemos
vertesedes
vertesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
verter
verteres
verter
vertermos
verterdes
verteren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
verte
-
-
vertede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
verter
verteres
verter
vertermos
verterdes
verteren
Xerundio vertendo
Participio vertido
vertida
vertidos
vertidas