derramar

derramar

(< lat derramāre)

  1. v t

    Cortar as ramas das árbores.

    Ex: Derramaron as árbores que había na alameda.

    Sinónimos: acernar, cepar, cernar, decotar, demoucar, esmoucar, espodar, espolar, repolar. Confrontacións: podar.
  2. v t
    1. Ocasionar un dano a algo.

      Ex: A cremalleira do bolso derramoulle o xersei.

      Sinónimos: danar.
    2. Botar algo a perder.

      Ex: Abriu o teléfono para intentar amañalo e derramouno. A xeada derramou as leitugas.

      Sinónimos: danar, desbaratar, estragar. Confrontacións: prexudicar.
  3. v t

    Facer que saia e caia un líquido de forma accidental.

    Ex: Derramou o viño na mesa.

    Sinónimos: verter.
  4. v pron
    1. Quedar unha cousa deteriorada.

      Ex: A obra derramouse co temporal.

    2. Estragarse algo e quedar inservible.

      Ex: A comida derramouse e tiveron que tirar con ela.

  5. v pron

    Caer por fóra un líquido.

    Ex: Derramouse a auga que estaba no caldeiro.

  6. v pron

    Sufrir un aborto.

    Ex: A vaca xa estaba preñada de sete meses cando se lle derramou.

    Sinónimos: abortar.

Palabras veciñas

derrama | derramado -da | derramamento | derramar | derramo | derrancar | derrapar
Conxugar
VERBO derramar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
derramo
derramas
derrama
derramamos
derramades
derraman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
derramaba
derramabas
derramaba
derramabamos
derramabades
derramaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
derramei
derramaches
derramou
derramamos
derramastes
derramaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
derramara
derramaras
derramara
derramaramos
derramarades
derramaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
derramarei
derramarás
derramará
derramaremos
derramaredes
derramarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
derramaría
derramarías
derramaría
derramariamos
derramariades
derramarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
derrame
derrames
derrame
derramemos
derramedes
derramen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
derramase
derramases
derramase
derramasemos
derramasedes
derramasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
derramar
derramares
derramar
derramarmos
derramardes
derramaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
derrama
-
-
derramade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
derramar
derramares
derramar
derramarmos
derramardes
derramaren
Xerundio derramando
Participio derramado
derramada
derramados
derramadas