derramo

derramo

(< derramar)

  1. s m

    Acción e efecto de derramar ou causar un gran dano.

    Ex: O derramo das hortalizas a causa da chuvia ocasionou graves perdas económicas.

    Sinónimos: derrama, estrago.
  2. s m

    Saída dun líquido inorgánico ou orgánico, especialmente sangue, por mor da rotura dos vasos polos que pasa.

    Ex: A miña avoa morreu dun derramo cerebral.

    Sinónimos: efusión. Confrontacións: hemorraxia.
  3. s m [ARQUIT]

    Corte oblicuo que se realiza nas paredes e nos muros para facilitar a apertura de ventás e para que entre a luz. No caso de seteiras ou doutros elementos defensivos, o corte realízase cara ao interior.

Palabras veciñas

derramado -da | derramamento | derramar | derramo | derrancar | derrapar | derrapaxe