horizonte

horizonte

(< lat horĭzonte < grὁριζοντος)

    1. s m

      Liña que delimita a parte da superficie terrestre visible desde un punto, en que parece que se unen o ceo coa terra ou o mar.

      Ex: Víanse os barcos navegar no horizonte.

    2. s m

      Parte da superficie terrestre limitada por esta liña.

    3. s m

      Conxunto de posibilidades ou perspectivas dun asunto, situación ou materia. OBS: Adoita usarse en plural.

      Ex: O horizonte dos adiantos en medicina é amplísimo.

    4. s m

      Conxunto de capacidades do entendemento dunha persoa.

      Ex: É de horizontes tan limitados que non creo que entenda a situación.

    5. s m

      Límite temporal que se ten desde unha perspectiva.

      Ex: Marcouse un horizonte de dous anos para aprobar as oposicións.

    6. horizonte cultural [ARQUEOL]

      Período ou etapa dunha cultura a partir dun elemento material representantivo ou procedente dunha determinada zona xeográfica. En Galicia pódense citar o horizonte Roufeiro, período do Bronce Incial vinculado ao campaniforme, e o horizonte Barcelos, período do Bronce Medio caracterizado polos machados planos de fío desenvoltos en forma de abano.

    1. s m [ASTRON/MAR]

      Circunferencia menor da esfera terrestre que, contida nun plano perpendicular á vertical, limita o casquete esférico visible por un observador situado a certa altura, especialmente cando o casquete pertence ao mar.

    2. horizonte aparente/sensible/ visible [ASTRON]

      Círculo menor da esfera celeste, perpendicular á vertical e taxente á superficie da esfera terrestre no pé da vertical do observador. É paralelo ao horizonte astronómico.

    3. horizonte astronómico/vedadeiro/racional [ASTRON]

      Círculo máximo da esfera celeste, perpendicular á vertical do lugar. Divide a esfera en dous hemisferios, o visible e o invisible, e é o plano fundamental do sistema de coordenadas horizontais.

    4. horizonte do mar/visible / [ASTRON/MAR]

      Superficie cónica formada polas rectas que, partindo do ollo do observador situado a certa altura, son tanxentes á superficie da esfera terrestre. Os puntos de tanxencia son os últimos puntos visibles e o seu lugar xeométrico é o que os mariñeiros denominan raia do ceo. O ángulo que forma o horizonte visible co horizonte sensible denomínase depresión do horizonte.

  1. s m [XEOL]

    Estrato do solo de textura, estrutura e composición homoxéneas e características, diferenciado no curso da pedoxénese.

  2. horizonte artificial
    1. [AERON]

      Instrumento de voo que indica a posición do horizonte respecto do plano horizontal da aeronave.

    2. [MAR]

      Superficie plana horizontal e reflectora, empregada para observar alturas dos astros con un sextante (ou outro instrumento de reflexión) cando non se pode ver o horizonte do mar.