Hormigón, Juan Antonio

Hormigón, Juan Antonio

Dramaturgo e director de escena. Dirixiu o Teatro de Cámara de Zaragoza (1966-1969), foi profesor da Real Escuela Superior de Arte Dramático (desde 1976) e catedrático de Dirección de Escena (desde 1989). Como director de escena cómpre salientar os espectáculos La vengadora de las mujeres, Los veraneantes ou La Mojigata. Como investigador ten publicado diversos estudios sobre R.M. Valle-Inclán, B. Brecht, F. García Lorca, V.E. Meyerhold, ademais de traballos sobre política teatral, como o volume Teatro, realismo y cultura de masas (1974), ou de estudios colectivos, como Autoras en la Historia del Teatro Español e Directoras en la Historia del Teatro Español. Foi un dos fundadores da Asociación de Directores de Escena de España e impulsou proxectos, como a celebración de congresos e seminarios ou a edición de estudios e textos dramáticos, así como a revista ADE/teatro. Ten colaborado con publicacións como Triunfo, Cuadernos para el diálogo, Tiempo de Historia, El País, El Mundo ou Revista Galega de Teatro. Como autor dramático é autor de textos como Batalla en la residencia (1992), A la sombra de las luces (1993) ou Comienzo de la edad de hierro (1994).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Zaragoza