horror

horror

(< lat horrōre)

  1. s m

    Sentimento profundo de medo ou repulsión que se produce ante algo terrible, desagradable ou repugnante.

    Ex: Víanse caras de horror despois da explosión. É un horror ver como desperdicia a súa vida.

    Sinónimos: arrepío, espanto, pavor, terror.
  2. s m

    Persoa ou cousa que causa unha impresión de medo ou repulsa en alguén.

    Ex: Éche un horror terse que erguer tan cedo! Os políticos mentireiros prodúcenme horror.