terror
(< lat terrōre)
-
s
m
Medo extremo moi intenso.
Sinónimos: pavor. -
s
m
-
Persoa ou cousa que causa terror.
-
Actuación extremadamente violenta dun réxime político, con frecuentes execucións de pena capital.
-
-
cine de terror
[IMAX]
Modalidade relacionada co cine fantástico coa que se infunde unha sensación de medo e horror aos espectadores. Tivo unha grande aceptación a partir de 1957 e revitalizouse na década de 1980, co perfeccionamento de novas maquillaxes e efectos especiais. Inclúe unha ampla temática, como o vampirismo, desde o clásico Nosferatu (1922), de F. W. Murnau, ata Dracula (1931) de T. Browning, coas versións de (1958) de T. Fischer, e (1992) de F. F. Coppola. Cómpre destacar tamén os filmes de pantasmas, homes-lobo, bruxas, exorcismos e canibalismos, como Lycanthropus (1962), de P. Heuschs; The Exorcist (1973), de W. Friedkin; e The Night of the Living Dead (1968), de G. A. Romero. Algúns temas pertencen á modalidade da ciencia--fición, como o mito de Frankenstein, os monstros, como King-Kong (1933), de M. C. Cooper e G. B. Schoedsack; Jaws (1975), de S. Spielberg; as catástrofes naturais e atómicas, como The Towering Inferno (1974), de I. Allen; The War Game (1976), de P. Watkins; ameazas extraterrestres, como The Invasion of the Body Snatchers (1978), de Ph. Kaufman, etc. Outros xéneros conteñen tamén elementos terroríficos, como certos filmes policiais e de suspense; como exemplos algúns dos mellores títulos de A. Hitchcock, como Psycho (1960) e The Birds (1963). Tamén cómpre falar de Freddy Krueger, o descarnado protagonista da serie Nightmare in Elm Street, e de moitos dos filmes baseados en libros de Stephen King. Por outra banda, David Cronenberg e David Lynch ofreceron interesantes visitas aos mundos ocultos de Dead Ringers (1989) e Twin Peaks (1990-1992).