Terror, o

Terror, o

Período da Revolución Francesa que vai de setembro de 1793 a xullo de 1794, durante o cal os xacobinos, dirixidos por Robespierre, impuxeron un réxime ditatorial en todo o país, a través da actuación do Comité de Salvación Pública. A primera onda, en outubro de 1793, foi provocada polo perigo militar contra a Convención. Foi o momento da execución de María Antonieta e de numerosos xirondinos. A segunda onda (o Gran Terror), nos meses de xuño e xullo de 1794, foi impulsada por Robespierre para manterse no poder. O Tribunal Revolucionario de París foi o grande instrumento. Rematou coa caída de Robespierre e o inicio da reacción termidoriana.

Palabras veciñas

terrón | terror | Terror Branco, O | Terror, o | terrorífico -ca | terrorismo | terrorista