Terror Branco, O
Terror Branco, O
Reacción contrarrevolucionaria que tivo lugar en Francia nos primeiros anos da Restauración, entre 1815 e 1816, cando os realistas libraron unha represión sanguenta contra as persoas que se definiran na etapa anterior como revolucionarios ou como bonapartistas. O mesmo goberno do duque de Richelieu viuse obrigado a poñerlle fin a finais de 1816.