horta
horta
(< lat hŏrtu)
-
s
f
Terreo de regadío de pouca extensión, e xeralmente próximo á casa, en que se cultivan hortalizas, legumes e froiteiras.
Sinónimos: horto. -
s
f
Terra de regadío regular con augas derivadas do río dedicada ao cultivo de hortalizas, froiteiras, plantas industriais, en xeral textís, ou forraxe.
Sinónimos: horto.
Refráns
- A horta do outono mantén o seu dono.
- A horta en outono mantén o seu dono.
- A horta no outono mata o seu dono.
- Horta de san Martiño mantén o seu dono e mais o veciño.
- Horta sen auga, casa sen tellado e muller sen amor, non se sabe que é peor.