Horta
Horta
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, cinco castelos de prata, colocados en cruz; bordo de ouro, chea. Algúns levan, en campo de azul, cinco castelos de prata, colocados en aspa. Outros, en campo de azul, cinco castelos de prata, colocados en aspa; bordo de goles, con oito aspas de prata.