Hostal, Pacto do
Hostal, Pacto do
Reunión celebrada no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela o 29 de setembro de 1980, na que participaron as forzas políticas Unión de Centro Democrático, Alianza Popular, Partido Comunista Galego, PSdeG-PSOE e o Partido Galeguista. Debateron e reformaron algúns dos aspectos máis conflitivos do proxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia, como a redución drástica do número de deputados ou a permanencia das deputacións provinciais, e lograron consensuar un novo proxecto, que foi aprobado pola Asemblea de Parlamentarios e pola Comisión Constitucional, e publicado no Boletín de las Cortes o 4 de novembro de 1980.