Hostalric
Hostalric
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado no val de Tordera (2.912 h [2001]). A actividade económica principal é a industria, aínda que no sector primario, a gandería e a avicultura teñen certa importancia. Posúe industria téxtil, de plásticos e do metal. Na actividade comercial destaca o negocio da madeira. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo e as murallas, declaradas Ben de Interese Cultural (1963).