Houston

Houston

Cidade do estado de Texas, EE UU, na chaira litoral do golfo de México (1.953.631 h [2000]). É a principal cidade do estado demográfica e economicamente, centro da industria algodoeira e química do país. Tamén acolle a estación de seguimento dos satélites e naves espaciais da NASA. Fundada en 1836, converteuse a finais do s XIX nun importante centro ferroviario, que distribuía o petróleo dos pozos texanos. Do seu patrimonio cultural destacan o Old Markey Square, o Sam Houston Historical Park (s XIX) e o Astrodome.