hoxe
hoxe
(< lat hodĭe)
-
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘hoxe’.
-
adv
No día que estamos.
Ex: Hoxe é o último día do mes.
-
adv
No tempo presente, actualmente.
Ex: Hoxe xa ninguén pasa fame.
Frases feitas
-
De hoxe nun ano. Indica o desexo de que unha conmemoración de algo positivo volva ter lugar.
-
Hoxe en día loc adv Na actualidade.
-
Hoxe por hoxe loc adv Indica que algo se realiza no momento actual, pero pode cambiar no futuro.
-
Por hoxe loc adv Indica que algo deixa de realizarse provisionalmente a partir deste momento. Ex: Por hoxe acabouse o traballo.