hoxe

hoxe

(< lat hodĭe)

  1. adv

    No día que estamos.

    Ex: Hoxe é o último día do mes. 

  2. adv

    No tempo presente, actualmente.

    Ex: Hoxe xa ninguén pasa fame.

Frases feitas

  • De hoxe nun ano. Indica o desexo de que unha conmemoración de algo positivo volva ter lugar.

  • Hoxe en día loc adv Na actualidade.

  • Hoxe por hoxe loc adv Indica que algo se realiza no momento actual, pero pode cambiar no futuro.

  • Por hoxe loc adv Indica que algo deixa de realizarse provisionalmente a partir deste momento. Ex: Por hoxe acabouse o traballo.

Palabras veciñas

Howeia | Howrah | hoxe | hoxe | hoxemes | Hoxha, Enver | Hoyle, Fred