Hrodna

Hrodna

Capital da oblast’ homónima, Bielorrusia (308.900 h [1999]). Situada ás beiras do Nemunas, produce maquinaria e materiais para a construción e ten industria metalúrxica, química e téxtil. Coñecida desde 1183, pertenceu a Polonia entre 1920 e 1933. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a igrexa ortodoxa de San Boris e San Gleb (s XII), o antigo castelo (s XVI) e o barrio antigo da cidade.